CRTVG

Buscar

Diario Cultural

'Pava', o traballo de Lucía Aldao: "Outra pava"

25/11/2021 - 10:31 h

Pava é o que queda mentres se vai esgotando un cigarro. Pava é tamén unha forma de chamar a unha moza. Ademais da femia do pavo, non esquezamos esa acepción. Pero a partir de hoxe, 'PAVA' é tamén o título do primeiro proxecto musical en solitario de Lucía Aldao. O primeiro disco logo de 20 anos nos escenarios coa música e a poesía a voltas.

 Desde este 25 de novembro está dispoñible en todas as plataformas dixitais este 'Pava' de Lucía Aldao.