CRTVG

Buscar

Diario Cultural

A Programación Lírica da Coruña comeza o 3 de setembro

25/08/2020 - 10:51 h

O noso colaborador Luis Miguel Crespo adiántanos hoxe a Programación Lírica da Coruña, que comeza a vindeira semana. Organizada pola asociación Amigos da Ópera da Coruña, presenta este ano un ambicioso programa no que se da especial importancia ao talento galego e español, sen descoidar as figuras internacionais. Así, haberá galas de grandes momentos das máis afamados óperas e estreas de autores galegos como Juan Durán, representarase a famosa zarzuela La Verbena de la Paloma, tamén Vendado es amor, no es ciego, de José de Nebra coa dirección do mozo coruñés Alberto Rouco, haberá momento para músicas da emigración con Borja Quiza, o “bel canto” será tamén protagonista, etc.

Entre os artistas convidados poderemos gozar da Orquestra Sinfónica de Galicia, a Orquestra e Coro Gaos, ou o grupo Los Elementos, e as grandes voces de Sondra Rodvanovsky, Carlos Álvarez, Alejandro Roy, Simón Orfilia, Borja Quiza, Mariella Devia, Jessica Pratt, ou Xavier Anduaga, entre moitos outros.