CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Volve a Mostra Internacional de Cinema etnográfico do 25 ao 29 de agosto cun formato mixto e cinema ao aire libre

25/08/2020 - 10:36 h

A 15 edición da MICE do Museo do Pobo Galego volve con novas datas de celebración, desde hoxe ata o 29 de agosto en Santiago de Compostela, e cunha fórmula mixta en aras dunha maior seguridade, na que as actividades se realizarán combinando un formato persencial e en liña. Unha edición na que, ademais, incorporase o cinema ao aire libre no parque de Bonaval no que hoxe proxectarase Las cinéphilas da arxentina María Álvarez. Un documental coral sobre un grupo de mulleres xubiladas que aman o cine e que recibiu o Premio do Público no Ourense Film Festival en 2017. 

Ademais das actividades presenciais que se desenvolveran, tanto en Bonaval, como no Teatro Principal e no Numax; tamén haberá propostas online omo o MICE Petís en liña, que desde hoxe desenvolve o obradoiro infantil Precine, creando xoguetes ópticos e zoópticos para nenos e nenas.