CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Analizamos as películas premiadas na gala dos Óscar

25/02/2019 - 10:30 h

Neste espazo cultural repasamos a Gala dos Óscar coa directora de Sala 5, Begoña Vázquez. O filme Green Book obtivo o premio á mellor película. Alfonso Cuarón, mellor director, por Roma. Olivia Colman, mellor actriz por A Favorita. Rami Malek, mellor actor, pola película Bohemian Rhapsody.

Un dos momentos máis emocionantes da noite foi a actuación de Bradley Cooper e Lady Gaga. Os protagonistas do filme Naceu unha estrela levaron a súa química ata o escenario dos Óscar. Lady Gaga obtivo o Óscar á mellor canción orixinal por Shallow.

O próximo sábado será a gala do noso audiovisual, os Premios Mestre Mateo. A gran rivalidade está entre Trote, unha película de autor moi pausada, e A sombra da lei, un filme máis comercial de Dani de la Torre.