CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Vertixe Sonora e Javier Martín presentan no Teatro Colón da Coruña o espectáculo 'Brumario'

24/10/2020 - 09:43 h

O espectáculo, baseado na retroalimentación entre movementos e sons prodúcese porque o bailarín leva un sistema de microfonía que funciona como sensor da acción que os instrumentos amplifican e modifican mediante altofalantes de vibración. Estes elementos, e a manipulación dos instrumentos por parte dos intérpretes, permiten xerar sons orixinais froito da interacción. Instrumentos, músicos e bailaríns acaban converténdose, todos eles, nun corpo ampliado que emite e recibe vibracións ata o punto de rozar un estado de absoluta meditación.
 
O concerto performativo preséntase o bado 24 de outubro ás 20.30 h no Teatro Colón, na Coruña, con Pablo Coello (saxofón), David Durán (piano), Diego Ventoso (percusión), Ignacio Barcia e Ramón Souto (dispositivos sonoros) e Javier Martín (movemento e dirección escénica). A dirección musical é de Ramón Souto e a iluminación de Octavio Mas.