CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Máis de vinte creadoras reúnense en Santiago para reivindicar o dereito á igualdade cultural

24/09/2021 - 14:53 h

O encontro terá lugar os días 24 e 25 de setembro na Facultade de Ciencas da Comunicación baixo o título "A igualdade cultural (tamén) é un dereito: feminismos e creacióncontemporánea na Galiza". Participarán creadoras galegas de distintas disciplinas artísticas e será a primeira das catro xornadas do programa "A Cultura é un Dereito", que organiza a Deputación da Coruña coa mirada posta no desafío de construír o novo modelo cultural post-pandemia.