CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Detémonos a observar a actualidade máis salientable da música

24/09/2020 - 17:49 h

 

O coruñés Xoel López presenta esta fin de semana un concerto nunca visto: o seu repertorio interpretado co seu grupo e a Orquestra Sinfónica de Galicia. É unha ocasión única para escoitar os temas máis populares do artista galego cos arranxos de varias ducias de músicos de escola clásica. 
Namentres, dende Vigo, Bifannah será un dos grupos participantes no festival Maré, que é un xeito de repensar Cantos na Maré dende Santiago de Compostela.
Por último: Bruna, unha nova banda composta por músicos que habitualmente tocan con Leiva, M Clan, Dani Martín e outros artistas moi coñecidos.