CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Nace o Festival de Artes Atlánticas, Maré en Compostela

24/09/2020 - 10:30 h

O Festival Cantos na Maré de Pontevedra inicia desde hoxe unha nova etapa en Santiago de Compostela, no Hotel NG Collection, renomeado como Maré-Musicas e Artes Atlánticas.

O Festival de Artes Atlánticas relánzase en Santiago cun formato de concertos e foros profesionais e de emprendemento cultural, citas audiovisuais e gastronomía.  Tony Sa'MED, A Pedreira, Faia, LAR Legido, António Zambujo, Sabela ou Miguel Araújo son algúns dos protagonistas da cateleira de recitales. 

O festival articúlase este ano nas seccións: MaréLab, un espazo de investigación para apoiar o crecemento da economía creativa; MaréNet, para situar Compostela como referencia do negocio das industrias culturais; CineMaré, cunha cateleira audiovisual procedente das culturas atlánticas; GastroMaré, un encontro entre cociñeiros e música para descubrir novos sabores e produtos; e MaréTV, o apartado audiovisual da plataforma de música Tolemias, desde a que se poderán seguir, ademais, moitas das actividades do festival.