CRTVG

Buscar

Diario Cultural

'Samsara', de Lois Patiño, terceira longa galega na Berlinale

24/01/2023 - 17:31 h

 

O cineasta Lois Patiño fálanos de 'Samsara', a longa que estreará o 20 de febreiro na sección Encounters da Berlinale. Rodada entre un templo budista de Laos e nunha granxa de algas en Zanzíbar, o filme segue o ciclo budista da morte e reencarnación e propón unha experiencia de meditación e introspección no cine, que poida mesmo desfrutarse cos ollos pechados.