CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Hamish Fulton, un artista que camiña, no CGAC

24/01/2022 - 17:47 h

 

Rosario Sarmiento lévanos á mostra 'Walking East', do artista británico Hamish Fulton, que pode visitarse no CGAC ata o 20 de febreiro. Fulton fixo de camiñar o seu programa artístico e transmite a través de fotografías, murais e instalacións a experiencia espiritual das súas rutas e tamén a súa reflexión crítica sobre a relación entre os seres humanos e o medio.