CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Marful volve por un día

23/11/2019 - 09:30 h

Marful regresan para un único concerto, o sábado 30 de novembro en Culturgal. Nesta derradeira actuación participará a cantante Sabela Ramil, que no seu paso polo programa Operación Triunfo interpretou unha canción deste grupo que marcou unha época na música galega.

Conversamos con Ugia Pedreira e Pedro Pascual durante un dos ensaios en que Marful prepara este retorno por un día.