CRTVG

Buscar

Diario Cultural

A Irmandade da Sanidade Galega homenaxea a Chano Piñeiro

23/11/2018 - 10:30 h

A Irmandade da Sanidade é unha asociación impulsora do uso do galego nas áreas sanitarias. Os seus membros, conscientes da desgaleguización que sofren espazos como os hospitais, loitan para que os profesionais do sector empreguen a lingua propia. Desta forma, os pacientes séntense máis acollidos ao ver que o persoal fala no seu propio idioma.

Esta fin de semana, a Irmandade da Sanidade homenaxea ao cineasta e boticario Chano Piñeiro polo seu compromiso coa lingua e a cultura do país. Neste Diario Cultural falamos sobre a vida e obra deste artista con Marilu Casal e Nando Casal.

"A botica pode solucionar os problemas do corpo, pero a música é alegría para a alma", asegura Nando Casal.

A cultura non é cousa de xente de letras, senón que é 'cousa de todos' aseguran dende a Irmandade. A unión entre arte e ciencia rompe con este prexuízo erróneo e recorda que a cultura tamén está presente nas ramas científicas.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí