CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Comeza o 'Desembarco Chévere'

23/09/2022 - 17:31 h

Chévere fai 35 anos e celébrao este outono cun 'desembarco' que inclúe actuacións, exposicións e libros sobre a historia da compañía, premio Nacional de teatro en 2014. As celebracións comezan no Liceo de Noia, con dúas Ultranoites, o cabaré satírico sobre a actualidade que Chévere recuperan tras catro anos de ausencia. Conversamos con tres dos integrantes da compañía, Patricia de Lorenzo, Xesús Ron e Miguel de Lira.