CRTVG

Buscar

Diario Cultural

A construción da paisaxe galega medieval

23/09/2021 - 14:46 h

O Consello da Cultura Galega está a desenvolver as xornadas "A construción da paisaxe galega entre a Tardoantigüidade e a Idade Media: socalcos, campesiñado e cristianismo", que buscan  recoller os resultados de diferentes proxectos que se están desenvolvendo en Galicia arredor da construción da paisaxe galega nun período que foi clave durante a Alta Idade Media e do que, grazas a eles, estamos comezando a comprender na súa verdadeira dimensión. Conversamos con Xurxo Ayan, un dos coordinadores, investigador da Universidade de Lisboa.