CRTVG

Buscar

Diario Cultural

'Object and Painting', o libro da artista Mar Vicente

23/09/2019 - 17:49 h

Falamos do libro Object and Painting, da artista Mar Vicente. A obra contén dous textos de dúas historiadoras da arte: a suíza Patricia Grzonka e a historiadora xermana Barbara Oettl. Analizan o traballo e a traxectoria da artista dende ópticas diferentes desde o ano 2006 ata o 2018.

A publicación está formada por numerosas fotografías que ilustran a evolución do traballo de Mar Vicente nestes últimos anos.

Mar Vicente quixo que a primeira presentación en España se fixera na Fundación Laxeiro. Esta fundación outorgoulle unha bolsa á creación artística que foi decisiva na súa carreira. 

O traballo de Mar Vicente centrouse nos límites da pintura e as fronteiras entre esta e a escultura, caracterizouse por unha grande economía de elementos cromáticos e compositivos que utiliza de forma reiterada e fai identificable a súa obra.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí