CRTVG

Buscar

Diario Cultural

'Rapazas de Polar'

23/02/2021 - 10:54 h

Esta semana Armando Requeixo dá noticia da aparición de 'Rapazas de polar', a máis recente novela de Eva Moreda. 'Rapazas de Polar' (Morgante) nárranos as aventuras dun grupo de rapazas dun internado galego en tempos da Guerra Civil e a inmediata posguerra.

Novela de formación, o realismo das súas páxinas non refuga certas pingas de fantasía para construír un retrato epocal en que se deitan, transversalmente, interesantes reflexións sobre cuestións como o papel da Igrexa, os marcados roles da muller e o home nestes anos ou o illamento deste tipo de centros respecto das circunstancias sociais que os rodeaban.