CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Un concerto sinfónico de música de videoxogos

22/12/2022 - 17:31 h

A orquestra Vigo 430 ofrece este venres 23 de decembro un concerto sinfónico dedicado á música de videoxogos, unha viaxe que percorrerá as principais bandas sonoras de xogos nos últimos 40 anos. Conversamos coa musicóloga Erea Carbajales, creadora do programa e co compositor das pezas, Brais González.