CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Conversamos con Nazaret López sobre a súa primeira novela: 'Formigas nos pés'

22/11/2019 - 17:30 h

Formigas nos pés é a primeira novela de Nazaret López. A novela aborda o dó dunha muller que fica soa aos 50 anos e que debe reinventarse desde ese punto de devastación interna, a historia de alguén que inicia un arduo proceso para reconstruírse e para aprender a camiñar sen aqueles brazos que a sostiñan e que ela cría eternos.