CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Revisitamos o mito de 'Morgana en Esmelle'

22/09/2021 - 10:49 h

Mércores de teatro con Roberto Pascual e a actualidade escénica:

'Morgana en Esmelle', a obra narrativa de Begoña Caamaño, revisita o mito e os personaxes de Camelot con Morgana de protagonista. Case 10 anos despois da súa publicación, a Compañía Sarabela Teatro leva a escena esta obra baixo a adaptación e dirección de Ánxeles Cuña. 

E tempo tamén para falar das 'Residencias Paraíso' que cada ano organiza o Colectivo RPM, e que este ano premiaron oito propostas escénicas, artísticas e de movemento.