CRTVG

Buscar

Diario Cultural

O lobo de Uxío, á espreita no Camiño

22/09/2021 - 10:31 h

No 'Diario cultural' puxemos a Vituco Neira a camiñar. Pero non un camiño calquera; un camiño cultural e poético. 'Poetas no Camiño' é unha proposta da Fundación Uxío Novoneyra a través do seu proxecto de residencias poéticas 'Ámeto Mítico', que reúne escritores de todo o mundo para facer o Camiño e logo reflexionar sobre a súa experiencia na casa de Uxío no Courel.

Vituco camiñou e falou cos poetas Arancha Nogueira, Luís López Alonso, Pilar Astray, Adam Wyeth e Agnes Marton.