Diario Cultural
A loita de Clara Campoamor polo sufraxio feminino, agora traducida ao galego
As mulleres españolas non tiveron recoñecido o dereito ao voto ata o 1 de outubro de 1931, grazas en boa medida á deputada Clara Campoamor.
A editorial Galaxia traduce agora ao galego O meu pecado mortal. O voto feminino e mais eu, o libro de 1936 en que Campoamor explica a súa loita polo voto feminino e as críticas e ataques que lle supuxo.
Conversamos con Celia Pereira Porto, autora dun estudo introdutorio en que tamén se explica a actitude dos deputados galegos, e coa tradutora María Reimóndez.