CRTVG

Buscar

Diario Cultural

O Museo de Pontevedra expón 'Debuxantas'

22/06/2020 - 17:20 h

 

A colaboradora do Diario cultural Rosario Sarmiento fálanos da mostra Debuxantas, no Museo de Pontevedra.
Debuxantas é unha mostra que reúne os traballos das principais ilustradoras que traballaron para a revista Blanco y Negro e o diario ABC desde finais de 1891 ata os anos noventa do pasado século. Producida polo Museo ABC da Ilustración a partir dos seus fondos, aglutina un total de máis de 130 obras de 40 ilustradoras.
As figuras das mulleres ilustradoras son practicamente descoñecidas. Os seus nomes están moitas veces agochados tras pseudonimos masculinos que ocultaron a súa autentica personalidade.
O percorrido da exposición segue un criterio temporal e esta articulada en catro etapas que abarcan case un século de ilustradoras españolas. A través das miradas desta mulleres ilustradoras podemos ver moitas características da vida social e cultural da época que lles tocou vivir e da que foron importantes testemuñas.