CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Descubrimos GaliciaLe, a plataforma galega de libros electrónicos

22/05/2019 - 10:31 h

Neste Diario cultural coñecemos GaliciaLe, a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas galegas, que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura en calquera momento e lugar a través do catálogo galego e do catálogo en castelán (eBiblio Galicia). 

Para descubrir o funcionamento desta plataforma falamos con Helena Sánchez, do servizo de Bibliotecas públicas de GaliciaLe; e con Fran Alonso, director de Edicións Xerais. Tamén escoitamos a Xesús Torres Junquera, director da Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela.

Aínda que os libros electrónicos están cada vez máis presentes na nosa vida cotiá, nunca perderemos a maxia de ler un libro en papel. O segredo está en poder complementar os dous formatos en función das preferencias dos lectores.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí