CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Tradúcese ao galego a novela 'O conto da criada'

22/04/2019 - 10:30 h

A editora Irmás Cartoné traduce ao galego a clásica novela O conto da criada, de Margaret Atwood. En xuño comeza a emitirse a terceira temporada da serie de HBO. A historia dun réxime tiránico, relixioso e misóxino que retrinxe os dereitos das mulleres e que usa a aquelas que son fértiles como escravas para ter fillos para as elites.

A novela, publicada en 1985, reflexiona sobre a posibilidade de retroceder en dereitos e liberdades coa volta aos valores tradicionais e a reacción contra a igualdade de xénero.

Neste Diario cultural temos a Celia Recarey, editora e tradudora, e a Carlos Valdés, editor e tradutor.

"No traballo de tradución tivemos momentos de angustia porque agora, cando volven os debates sobre a xestación subrogada, escoitamos os mesmos argumentos que aparecen na novela", contan os tradutores, preocupados porque o libro parece máis realidade que ficción ficción.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí