CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Comeza a Primavera das Letras

22/03/2022 - 17:30 h
A Real Academia Galega comeza unha nova edición do programa educativo Primavera das Letras, dedicado a achegar os autores homenaxeados no Día Letras Galegas ao alumnado de primaria e infantil.
Neste ano, o primeiro centro en sumarse á iniciativa é o CEIP Xosé Manuel Folla Respino, de Vilamartín de Valdeorras, o concello natal de Florencio Delgado Gurriarán.
Conversarmos con Jaime Díaz Paradelo mestre de música do centro, e con Fina Casalderrey, a académica responsable do proxecto.