CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Unha viaxe polas páxinas de 'O bestiario científico de Anxos Nogueirosa'

21/12/2018 - 10:54 h

Montse Pena Présas comenta hoxe O bestiario científico de Anxos Nogueirosa, de Antonio Manuel Fraga, novela xuvenil publicada pola editorial Urco e que recibiu o Premio María Victoria Moreno de Literatura pola Igualdade.

O libro conta a historia dun neno, Susiño, que vai pasar unha tempada ás colonias do sanatorio de Oza e coñece alí a Tila, unha nena que garda con moito misterio un bestiario científico elaborado pola súa tía Anxos e que quere completalo.

Un dos mellores libros do ano da LIX galega.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí