CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Arte con 'Modelando vidas' no Museo Provincial de Lugo

21/11/2018 - 10:30 h

As ondas radiofónicas lévannos ata o Museo Provincial de Lugo, onde xa está inaugurada a exposición 'Modelando vidas', dedicada ao escultor Juan Puchades. A mostra conta con 47 obras, así como tamén maquetas de obras públicas e esbozos.

Neste 'Diario Cultural' falamos con Aurelia Balseiro, comisaria da mostra, quen destaca a obra en ferro do autor: "El modela en ferro, non é que estea soldando placas de ferro". O resultado son pezas cunha carga moi alta de exprersividade e emoción. Obras como 'Muller con fillo', 'Berro ao baleiro ou 'Opresión materialista' transmiten a dor, a angustia e a dureza do traballo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí