CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Antón Reixa innova na literatura da realidade-absurdo coa súa obra 'Melancoholemia. Vida de Mamarracho'.

21/09/2020 - 14:45 h

Poesía escénica, performance, spoken word, videopoesía, Melancoholemia explora terreos híbridos, no cruzamento entre música, dramaturxia e cinema. Neles sucede a historia dunha persoa que carece de forma de ser. Unha obra, Melancoholemia, que pescuda no mundo e no absurdo, fillo este da nosa propia actualidade.