CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Repasamos as programacións da Real Filharmonía de Galicia e da Orquestra Sinfónica de Galicia

21/09/2020 - 10:50 h

Coñecemos hoxe con Luis Miguel Crespo un pouco máis das programacións da Real Filharmonía de Galicia e da Orquestra Sinfónica de Galicia, dúas tempadas cargadas de grandes concertos que achegan o mellor da música clásica ao público das súas sedes no Auditorio de Galicia e no Coliseum coruñés, ademais de ao do resto das cidades galegas. Música dos mellores compositores da historia xunto con música de compositores e compositoras galegas, estreas absolutas, concertos didácticos, proxectos educativos... En definitiva, dúas grandes propostas que nos achegan cultura de xeito seguro en tempos tan incertos.