Diario Cultural
Sarabela estrea a versión teatral de 'Made in Galiza'
Sarabela Teatro estrean no Teatro Principal de Ourense esta adaptación do libro de relatos de Séchu Sende. Como na obra orixinal, as situacións xeradas polo conflito lingüístico recréanse con retranca e lirismo. 'Made in Galiza' é unha montaxe para público xeral que mira especialmente cara aos espectadores adolescentes. Haberá funcións en Ourense os días 21, 22 e 23 de setembro.