CRTVG

Buscar

Diario Cultural

'Ciudad de la selva', o documental da resistencia guerrilleira de Casaio

21/09/2022 - 17:31 h

 

Acaba de estrearse o documental 'Ciudad de la selva. Fuxidos e guerrilleiros nos montes de Casaio', que recupera a historia dun importante campamento guerrilleiro instalado nos montes de Valdeorras entre 1941 e 1946. Cos testemuños da veciñanza, investigadores no terreo e as imaxes dunha paisaxe sobrecolledora, cóntase a repercusión na poboación local daquela fronte de guerra que mantivo activa ata mediados dos anos corenta a Federación de Guerrillas de León-Galicia. Conversamos con Miguel Riaño, director e produtor do documental, e con Carlos Tejerizo, director das escavacións arqueolóxicas en Casaio, impulsadas polo proxecto Sputnik Labrego.