CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Celebramos os 50 anos da canción galega

21/06/2019 - 10:30 h

No Día da Música celebramos os 50 anos da canción galega. A Escola Municipal de Música de Santiago pon en valor o patrimonio musical galego no seu festival de fin de curso, coa participación e Espiño, Nastasia Zürcher, Guadi Galego, Najla Shami e Ramón Bermejo, entre outros. Ás sete do serán, no Auditorio de Galicia. 

No Diario Cultural falamos con Alfonso Espiño, músico, investigador e participante nos 50 anos da canción galega. Formou parte de Los Chavales, grupo galego cun repertorio cheo de hits dos anos 60. Tamén é historiador, un experto sobre de música dos anos 60 e está a realizar a súa tese doutoral. Defende a súa tese o día 28 de xuño.

Tamén escoitamos a Fernando Hernández, alumno da especialidade de gaita da Escola Municipal de Música de Santiago dentro do plan educativo para adultos.

A canción O tren, de Andrés do Barro, alcanzou o número un das listas en España nunha época en que o galego estaba prohibido e sobrevivía entre unha minoría da poboación.

"O tren que me leva pola beira do Miño 
me leva e me leva polo meu camiño..."

Na Radio Galega facemos unha viaxe pola nosa historia a través da banda sonora de cada época.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí