CRTVG

Buscar

Diario Cultural

'O libro dos trens' e mais a novela curta de Alberto Fortes 'O verán en Lucenza'

21/01/2020 - 10:51 h

Esta semana Armando Requeixo convídanos á lectura do conxunto de relatos de varios autores O libro dos trens e mais a novela curta de Alberto Fortes O verán en Lucenza.

O libro dos trens (Galaxia) reúne dez historias escritas por Ana Cabaleiro, Anna R. Figueiredo, Antonio Piñeiro, Arantza Portabales, Daniel Asorey, Diego Giráldez, Iria Collazo López, María Alonso Alonso, Miguel Anxo Fernández e Víctor F. Freixanes. Moi diversas tanto nos universos recreados coma na estética compositiva, todas elas coinciden en incorporar a realidade ferroviaria como un elemento constitutivo das súas tramas, en non poucos casos de xeito protagónico e, onda non, como presenza decisiva.

O verán de lucenza (Xerais) achéganos ás vacacións rurais do fillo do Cortizo, un rapaz dos setenta que pasa os días de verán cunhas súas tías maiores. A narración detense nos traballos e nos días da escasa veciñanza da parroquia, ao tempo que amalgama realidade e transmundo para tecer un relato que reflexiona sobre os conceptos de tempo, memoria e existencia e acaba por iluminar lembranzas escurecidas do pasado da xentes do lugar.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí