CRTVG

Buscar

Diario Cultural

O danés que chegou a Ordes para investigar sobre bruxería

21/01/2019 - 10:34 h

Gustav Henningsen é un antropólogo e folclorista danés que realizou traballo de campo en Galicia nos anos 60. A Central Folque publica un libro que escolma algunhas das súas fotografías cun texto literario da poeta Estíbaliz Espinosa.

O danés buscaba lugares para investigar sobre bruxería e non tardaron en recomendarlle Galicia como un dos lugares nos que mellor se conservan as tradicións.

"O danés chega a Galicia buscando bruxería, pero non foi tan fácil. Para conseguir entrar nas casas e coñecer a vida da xente, comezou a sacar fotografías e regalarllas aos veciños, así foi gañando confianza", conta o fotógrafo Eutropio Rodríguez.

"Tiña curiosidade por rexistrar as tradicións con fotografías, aínda que el non chegou con esa intención", asegura Estíbaliz Espinosa, autora do texto.