CRTVG

Buscar

Diario Cultural

O cine volve a Lugo

20/09/2021 - 10:32 h

135 filmes en 5 días. Ese é o reto que nos presenta a Semana do Cine de Lugo nesta presente edición, con varios focos e homenaxes. Homenaxe a Berlanga, ao Camiño de Santiago, a Emilia Pardo Bazán, aos profesionais da saúde e a Luís Iglesia. O cine ten moito tempo que recuperar e en Lugo non perderon o tempo.