CRTVG

Buscar

Diario Cultural

'O que arde' chega mañá a Cannes

20/05/2019 - 17:34 h

Mañá presentase en Cannes o filme 'O que arde' do cineasta galego Oliver Laxe. Trátase da primeira vez que unha película en lingua galega compite en sección oficial do Festival. Faino no apartado 'Unha certa ollada' con máis de 30 filmes de todo o mundo. 

Coñecemos como vai a ser a presentación e como está o ambiente por Cannes grazas ao compañeiro da Televisión de Galicia que está a cubrir o festival, Ángel Suanzes, e o director do filme, Oliver Laxe. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí