CRTVG

Buscar

Diario Cultural

A viaxe de Castelao pola Europa dos anos 20

20/01/2022 - 17:31 h

 

O Museo de Pontevedra acolle ata este domingo a exposición 'Castelao en Europa. A viaxe de 1921' que segue os pasos do artista e político rianxeiro na viaxe que realizou hai un século por París, Bélxica e Alemaña. Castelao recolleu a experiencia nun diario cuxo orixinal pode verse na mostra, xunto con moitas reproducións de obras de arte que o artista debuxou durante eses nove meses e exemplos da repercusión que a viaxe tivo na súa obra e na arte galega posterior.