CRTVG

Buscar

Diario Cultural

APCómic: pola mellora das condicións laborais das autoras e autores

20/01/2022 - 10:31 h

Nace a Asociación de Autoras e Autores Profesionais do Cómic de España co propósito de compartir esforzos para mellorar as condicións laborais dos profesionais. A situación do sector é precaria: reclaman un incremento das porcentaxes das vendas, que se cumpra a lei que controla a produción, un sistema de distribución transparente e mesmo que se protexan as obras, que son tamén parte do noso patrimonio cultural.

Por iso en APCOMIC son xa máis dun cento de profesionais: presidida por Laura Pérez Vernetti e con sinaturas como Paco Roca, Teresa Valero, Cristina Durán, Fernando Blanco e os galegos David Rubín ou Manel Cráneo, que hoxe está con nós para falar da asociación e da situación do sector.