CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Atlas de soidade chega ao Marco de Vigo

19/06/2019 - 10:31 h

O ciclo de exposicións Metrópole, do MARCO de Vigo, ofrece unha panorámica da cidade nos anos 20. Unha perspectiva urbana da arte galega, que foi ofrecendo diferentes mostras individuais. Agora chega a cuarta: Atlas de soidade, do artista Xosé Luís Otero. 

Nunha época en que moitos galegos deixaron atrás o agro para se instalaren na cidade. Cando Xosé Luís chegou a Vigo percibiu un espazo deshumanizado cheo de cemento e xente descoñecida. Arquitectura baleira que causou nel un grande impacto.

Unha viaxe pola súa traxectoria vital a través de recordos, fragmentos e refugallos. Unha exposición que mestura a súa propia experiencia coa idea do ser humano nunha sociedade globalizada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí