CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Comeza o ciclo 'Tan poderoso como o amor' no CGAI

19/02/2019 - 10:30 h

Neste espazo cultural facemos unha viaxe polo amor a través de once películas que vai proxectar o Centro Galego de Artes da Imaxe no ciclo Tan poderoso como o amor.

O nome do ciclo é o título dun ensaio de César Antonio Molina, quen tamén foi ministro de Cultura e director do Instituto Cervantes.

"Para a xente da miña xeración, dos anos finais do franquismo, o cine era como unha liberación", explica o escritor.

A películas de amor de cada época representan a forma de amar característica de cada momento, aínda que "despois de 3.000 anos escribindo e facendo cine sobre o amor, non cambia a idea do amor como algo que pode chegar a ser máis poderoso que a morte".

Outras das cuestións sobre as que reflexiona o escritor na súa obra é a cuestión do amor imposible, ademais da posibilidade futura de chegar a crear fórmulas matemáticas para entender este fenómeno.

Este martes día 19 é a inauguración do ciclo coa proxección do filme A serea do Mississippi.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí