CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Os premios de Artesanía de Galicia e de Novela Camiño de Santiago

18/12/2018 - 10:30 h

O Premio de Artesanía de Galicia premia a traxectoria do torneiro Manuel Castro Romero, máis coñecido como Lolo de Severiano. "Eu sempre quixen aprender dos maiores e logo compartir eses coñecementos", conta o artesán, que leva toda unha vida adicada a este oficio.

Aínda que Lolo de Severiano está "retirado do seu traballo, pero non da creatividade", xa que valora a posibilidade de conservar a tradición transmitida de xeración en xeración. "Estou volvendo a deseñar certos modelos tradicionais para adaptalos aos tempos de agora", explica nas ondas da Radio Galega.

Hoxe falamos de premios. O escritor e xornalista Carlos Meixide vén de recibir o premio de novela Camiño de Santiago coa súa obra 'Camiños de paixón', da Editorial Galaxia. Un recoñecemento que nace para fomentar o Camiño de Santiago. Paixóns e historias únicas que xorden entre as pedras do percorrido hasta Compostela. Humor e suspense que atrapan o lector dende a primeira páxina.

O Premio de Artesanía de Galicia premia a traxectoria do torneiro Manuel Castro Romero, máis coñecido como Lolo de Severiano. "Eu sempre quixen apreder dos maiores e logo compartir eses coñecementos", conta o artesán, que leva toda unha vida adicada a este oficio.

Aínda que Lolo de Severiano está "retirado do seu traballo, pero non da creatividade" porque destaca a importancia de conservar a tradición transmitida de xeración en xeración. "Estou volvendo a deseñar certos modelos tradicionais para adaptalos aos tempos de agora.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí