CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Cando Cossimo III de Medici peregrinou a Compostela

18/07/2019 - 10:30 h

Comezamos o Diario cultural con dúas boas novas: O que arde estará no festival de San Sebastián e a última película de Eloy Enciso, no de Locarno.

O profesor de Historia da Arte Miguel Taín Guzmán publica un novo traballo sobre a viaxe a Galicia do príncipe florentino Cossimo III de Medici. Unha investigación que proporciona información relevante sobre o Santiago do século XVII.

O príncipe viaxaba cunha corte de máis de vinte persoas. Entre eles, un artista que ía debuxando os lugares do camiño e un chef francés que cociñaba cos produtos de cada terra.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí