CRTVG

Buscar

Diario Cultural

'O jazz dos proscritos', unha homenaxe a Vidal Bolaño

18/02/2019 - 17:33 h

Catro anos de traballo fixeron falta para que O jazz dos proscritos saíse á luz. Unha curtametraxe de Manuel Gil que rende homeaxe ao dramaturgo galego Roberto Vidal Bolaño e faino baseándose en nada máis e nada menos que en Saxo Tenor, a obra coa que Vidal Bolaño obtén o premio Álvaro Cunqueiro.

Uns pintorescos veciños dun barrio marxinal reúnense nunha praza para ver Un tranvía chamado Desexo. A uns poucos metros, a sangue dun asasinato aínda está fresca. Un argumento que, sen dúbida, nos recorda ao cine negro que inspiraba a Bolaño e que nos explica mellor o director desta curta, Manuel Gil.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí