CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Unha web para pasear a Compostela literaria

18/01/2023 - 17:31 h

 

Coñecemos a web Compostela Literaria, unha guía para coñecer e pasear Santiago a través da literatura. A través dun mapa interactivo, paseos, rutas e xogos a iniciativa propón coñecer Compostela a través dos seus escritores e escritoras e das obras literarias ambientadas na cidade, tanto da literatura galega como da universal. 
Conversamos con Óscar Senra, de MAOS Innovación Social e coa escritora santiaguesa Patricia A. Janeiro, que ambientou en Compostela boa parte das súas obras.