CRTVG

Buscar

Diario Cultural

O galego máis alá das fronteiras xeográficas

18/01/2022 - 10:31 h

A próxima reforma do estatuto de autonomía de Asturias abriu o debate: debe ser o asturiano lingua oficial da comunidade? É unha reivindicación xa antiga dos asturianos, e agora por primeira vez, o partido no goberno en Asturias defende a súa oficialidade e mesmo usa a llingua con normalidade, igual que o medio millón de falantes en toda a comunidade. Do mesmo xeito, xorde o debate arredor do galego en Asturias, o galego asturiano ou o que algúns denomean "eonaviego".

O que naceu como galego-portugués é unha lingua que foi permeando territorios e que non entende de fronteiras xeográficas. Fálase en Asturias, en León e mesmo en zonas de Estremadura. Queremos coñecer mellor ese galego que se fala máis alá de Galicia. Os nosos convidados de hoxe son Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega e investigadora do Atlas Lingüístico Galego; e Henrique Costas, profesor da Universidade de Vigo especializado en Dialectoloxía.