CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Eli Ríos publica a novela 'DX'

17/12/2018 - 10:30 h

Eli Ríos publica a novela 'DX', unha historia futurista ambientada na cidade da Coruña, na noite de fin de ano en que as badaladas dan a benvida ao 2030.

Nesta viaxe a través do tempo descubrimos que a cidade herculina convértese nunha potencia na investigación biomédica. A escritora foxe da realidade actual, en que a industria téxtil e as luces de Nadal son as protagonistas da vida ao carón de Riazor.

Os lectores non atopan nesta novela ningunha referencia ao xénero dos protagonistas, ningún 'el' ou ela. A escritora pon en valor a importancia das relacións sexuais sas e consensuadas, xa que a maioría da xuventude adquire condutas agresivas propias da pornografía, en que prima a desigualdade.

Os escritores "temos a responsabilidade de transmitir valores, darlle unha volta o que pensan as xeracións máis mozas", explica Eli Ríos, ao que engade: "O amor non pode ser algo agresivo nin violento nin negativo".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí