CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Monográfico sobre Darío Xohán Cabana

17/11/2021 - 14:45 h

Darío Xohán Cabana, escritor, literato, tradutor, académico da Real Academia Galega e unha das máis grandes voces das letras galegas contemporáneas, faleceu esta mesma madrugada, a día 17 de novembro do 2021, aos 69 anos de idade. Con este triste motivo, quixemos falar con Chus Pato, Manuel Bragado, Margarita Ledo, Anxo Angueira e Xosé Luís Méndez Ferrín, que nos axudaron a retratar a súa pegada na nosa literatura, na nosa cultura e na nosa sociedade.