CRTVG

Buscar

Diario Cultural

O Consello da Cultura Galega pon en rede unha parte do epistolario de Virxinia Pereira

17/09/2020 - 14:55 h

O Consello da Cultura Galega deita na rede o epistolario cruzado entre Virxinia Pereira (A Estrada, 1884-Madrid, 1969) e Valentín Paz-Andrade (Pontevedra, 1898-Vigo, 1987). Son 28 cartas que intercambiaron entre 1951 e 1967, nas que se achega información relevante para entender os conflitos xurídicos pola herdanza de Castelao. 

Estas cartas, dixitalizadas e transcritas do fondo Valentín Paz-Andrade inclúen tamén 15 misivas con outros correspondentes: José Ortega Spottorno, Alfonso Fidalgo-Pereira, Clemencia Pereira Renda e Pilar Rodríguez de Prada.

O epistolario complétase cunha reportaxe contextualizadora de Culturagalega.gal, o portal de divulgación cultural do CCG e un artigo asinado por Miguel Anxo Seixas Seoane que analiza a relación entre Virxinia e Castelao.