CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Celebramos o Entroido e a volta da Señorita Bubble

17/02/2023 - 17:49 h

 

Eva Mejuto comenta hoxe un libro que acaba de chegar ás librarías, a terceira entrega da 'Señorita Bubble'. Desta volta o personaxe creado por Ledicia Costas viaxa a Londres para resolver unha invasión de ratas por encomenda da raíña Isabel II. Tamén repasamos libros sobre o Entroido como que 'Non pare a festa', de Ramón D. Veiga ou 'A cociña de Entroido e San Xoán', de Miguel Vila Pernas.