CRTVG

Buscar

Diario Cultural

A intelixencia artificial, máis preto de falar galego co Proxecto Nós

17/02/2023 - 10:31 h

A lingua galega quere desembarcar con forza no mundo dixital. A idea é poder falar e entendernos en galego, por exemplo, cos asistentes de voz e outros instrumentos de intelixencia artificial. Non é unha utopía, senón unha realidade que vai collendo forma co Proxecto Nós. Moi presente o espírito daquela xeración de intelectuais, para soñar con que o galego sexa tamén a lingua das máquinas. Agora colle a súa remuda un grande equipo multidisciplicar, en que están Senén Barro, director do CiTIUS, o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes, e Xosé Luis Regueira, director do Instituto da Lingua Galega.